Centro Comercial Arousa > Eventos y talleres > O XUÍZ JOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ TAÍN PRESENTARÁ A SÚA NOVELA SANTIAGO. LA LEYENDA DEL SANTO OCULTO NO CENTRO COMERCIAL AROUSA
Taín

O XUÍZ JOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ TAÍN PRESENTARÁ A SÚA NOVELA SANTIAGO. LA LEYENDA DEL SANTO OCULTO NO CENTRO COMERCIAL AROUSA

O xuíz José Antonio Vázquez Taín presentará o vindeiro xoves 28, ás 20:00 h., e na segunda planta do Centro Comercial Arousa a súa novela Santiago. La leyenda del santo oculto, editada por Teófilo Edicións. O autor, que estará acompañado polo editor José Luis Teófilo e o presidente da Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Arousa, Guillermo Lariño,  asinará exemplares do libro ao remate da presentación.

O segredo intemporal da tumba do Apóstolo, baixo a Catedral de Santiago, a  desaparición do Códice Calixtino,  o enigma da estrela e unha investigación policial sorprendente, son as pegadas de identidade da publicación “Santiago. La leyenda del santo oculto”. Unha viaxe introspectiva do autor, José Antonio Vázquez Taín, que ven de editar Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións.

O texto recrea o mito do Apóstolo e o descubrimento do seu sepulcro, conectándoo literariamente coa realidade máis actual. Un salto no tempo, desde o século IX ata o XXI, que o autor coordina maxistralmente logrando capturar a atención do lector desde a primeira á derradeira páxina do libro.

A publicación, prologada polo xornalista Fernando Ónega, é un meticuloso traballo dun autor novel no ámbito das letras, quen desde a súa inventiva, unha minuciosa labor inspeccionadora, e a súa exquisitez nos detalles, revélase como un grande novelista. Descubriremos nesta obra un escritor que foi quen de realizar unha excelente arquitectura literaria.

O autor

José Antonio Vázquez Taín, ourensán nado en Zarracós, municipio de A Merca, é coñecido polos éxitos da súa carreira xudicial que iniciou no ano 1998. Na actualidade é Maxistrado do Xulgado de Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

O espírito de superación, o amor pola vida e pola súa terra, a humildade e un compromiso inalterable coa Xustiza, definen a personalidade do autor, quedando patente nesta a súa primeira experiencia literaria.

Noticias relacionadas

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*